A Escola Rural de Saúde da Limia organiza talleres para fomentar o coidado dos sentidos

x
A Escola Rural de Saúde da Limia organiza talleres para fomentar o coidado dos sentidos

As sesións vanse desenvolver ó longo do mes de marzo

O mes de marzo será o tempo de potenciar o coidado dos sentidos a través dunha serie de talleres que terán lugar na Casa da Cultura de Xinzo. x

A Escola Rural de Saúde da Limia pretende transmitirlle ós participantes como deben coidar dos seus ollos, oídos e boca e tamén extrapolar eses coñecementos ó coidado de persoas que dependen dun mesmo, especialmente ás de maior idade.

Con tal fin organiza unhas xornadas que darán comezo o 5 de marzo cunha actividade centrada nas enfermidades visuais, síntomas, causas e tratamentos. Contarán coa presenza de Isabel Gómez, diplomada en óptica e optometría.

A Federación de Persoas Xordas de Galicia visitará as instalacións da escola para falar sobre persoas xordas, necesidades, recursos e linguaxe de signos. Será o mércores 9 de marzo.

O 12 de marzo é a quenda do oído da man do técnico superior de audioloxía, Pablo Vivanco que levará a cabo unha xornada sobre a xordeira, prevención e medicións.

O último taller está destinado ó coidado da boca, patoloxías e hixiene e será impartido pola técnico especialista en hixiene bucodental, María Dolores Estévez, o día 16 de marzo.

A inscrición para estas xornadas xa está aberta e pode facerse a través do teléfono 603 78 44 35 ou mediante o correo electrónico escolaruraldesaudedalimia@yahoo.es

Os asistentes porderán aprender hábitos saudables para coidar dos sentidos como por exemplo comer moita froitas e verduras para adquirir vitaminas, protexerse do sol con lentes ou non usar cascos coa música moi alta.