A Escola Rural de Saúde da Limia organiza uns talleres para coidar o corazón e o aparello circulatorio

corazon
A Escola Rural de Saúde da Limia organiza uns talleres para coidar o corazón e o aparello circulatorio

As xornadas sobre saúde vanse celebrar a vindeira semana

Os talleres sobre enfermidades do corazón e do aparello circulatorio están dirixidos a profesionais da saúde, persoas de axuda a domicilio, enfermos crónicos,membros de Protección Civil e da Policía e toda persoa interesada.

Vanse celebrar en dúas xornadas. O día 7 de outubro, é a quenda do órgano muscular e neste día falarase sobre infartos, insuficiencia cardíaca ou arritmias. Os asistentes poderán aprender causas destas enfermidades , como actuar en caso de que se dean ou que debe facer un paciente. O dia 8 de outubro o taller céntrase nas enfermidades do aparello circulatorio como embolias, aneurismas cerebrais,, trombose ou soplos. Unha oportunidade para coñecer os síntomas que as causan, como actuar ou que tratamentos hai para cada unha delas. O lugar para acudir a estes talleres de saúde é a Casa da Cultura de Xinzo, aula 2 na planta 1, de 16h a 20h.

As clases estarán impartidas polo doutor Luis Suárez Pérez, cardiólogo e cirurxián vascular e que agora tamén dedica tempo á investigación.

Para anotarse poden facelo acudindo á Casa de Cultura de Xinzo en horario de mañás, chamar ó 603784435 ou ben enviar un e-mail a escolaruraldesaudedalimia@yahoo.es. A inscrición custa 2 euros por día.