A información sobre o dano cerebral adquirido chega á comarca da Limia pola man da colaboración entre a Escola Rural de Saúde da Limia’e a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE). Unha das principais liñas de actuación da Federación é a información e sensibilización, cos obxectivos de dar a coñecer a realidade das persoas con dano cerebral, pero tamén de axudar a previr esta discapacidade, que afecta a máis de 35.000 persoas en Galicia.

En concreto, a Federación e a Escola organizan unha serie de actividades informativas dirixidas a todo tipo de público, nas que a traballadora social de FEGADACE vai falar da prevención das principais causas do dano cerebral (o ictus -que está detrás do 78% dos casos- e os accidentes de tráfico), e do modelo de atención e rehabilitación que se desenvolve nas asociacións galegas de dano cerebral, ditado polo Ministerio de Sanidade a través do Imserso. Centrarase especialmente en presentar o recurso asociativo máis próximo á Limia: Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Ourense, que se ocupa de toda a área sanitaria.
O ciclo de sesións informativas vaise desenvolver do 17 ao 19 de outubro nos concellos de Xinzo, Porqueira, Vilar de Barrio, Sarreaus e Baltar, do xeito que segue:
- 17/10/2022 ás 16:00 en Porqueira (Casa do Concello – A Forxa)
- 17/10/2022 ás 18:00 en Ganade – Xinzo de Limia (Centro Social de Ganade)
- 18/10/2022 ás 16:00 en Arnuide – Vilar de Barrio (Centro Social de Arnuide)
- 18/10/2022 ás 18:00 en Sarreaus (Forno do Pobo)
- 19/10/2022 ás 16:00 en Boullosa – Baltar (Teleclub de Boullosa)
- 19/10/2022 ás 18:00 en Sampaio – Baltar (Centro Social de Sampaio)
A organización desta actividade conta coa colaboración da Escola Rural de Saúde da Limia e co financiamento da Consellería de Política Social, dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF; é dicir, grazas ás persoas que marcan a X Solidaria na súa declaración da renda.
A