A Escola de Saúde da Limia imparte mañá un taller sobre medicamentos de plantas medicinais

ANA FDEZ FARMACEUTICA COMUNITARIA
A Escola de Saúde da Limia imparte mañá un taller sobre medicamentos de plantas medicinais

Será mañá o mércores, 3 de maio, ás 18:30 horas na aula da asociación situada na Casa da Cultura de Xinzo de Limia.

A farmacéutica limiá, Ana Fernández Orcajada –Vogal de Fitoterapia e Homeopatía do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense– impartirá, a partir da iniciativa da Asociación Escola Rural de Saúde, un obradoiro sobre fitoterapia dirixido a mellorar o coñecemento da poboación sobre os medicamentos de plantas medicinais.

Segundo unha enquisa realizada entre os farmacéuticos comunitarios cabe destacar que o 87% dos enquisados empregara algunha planta medicinal con anterioridade, e deles o 17% usáronas de forma habitual.

Ana Fernández dará aos asistentes máis información sobre as utilidades e uso adecuado destes medicamentos.

Ana Fernández dará aos asistentes máis información sobre as utilidades e uso adecuado e seguro deste tipo de medicamentos. Todo isto será mañá o mércores, 3 de maio, ás 18:30 horas na aula da asociación situada na Casa da Cultura de Xinzo de Limia.

Todos aqueles que teñan interese en participar poden poñerse en contacto coa asociación a través do teléfono 603784435, do correo electrónico escolaruraldesaudedalimia@yahoo.es ou, de luns a venres, en horario de 10 a 13 horas.