jueves. 11.08.2022

Esmeralda pide o apoio da Limia para pasar a seguinte fase no concurso de canto do Luar

Actúa na noite do venres a partir das 00.30h

    Esta noite a cantante de Rairiz de Veiga busca pasar a seguinte fase no concurso de canto do coñecido programa da galega. Actuará a partir das 00.30h representando a zona de Ourense Sur no Luar. esmerald

Esmeralda confía no apoio da súa xente e de todos aqueles que se animen a votar pola súa actuación. 

Se desexan darlle o seu apoio deberán chamar ó 988 60 06 82 unha vez que a artista da Limia remate a súa canción. As bases do concurso permiten facer cinco chamadas por cada liña de teléfono. No caso de que Esmeralda gañase esta noite pasaría á terceira fase do concurso estando cada vez máis preto de gañar e cumprir o seu soño de gravar un disco. 

Comentarios