Estamos moi satisfeitos co resultado da reunión con Baltar (Amador Díaz)

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Amador Diaz Penin (AA de productores da pataca).
Estamos moi satisfeitos co resultado da reunión con Baltar (Amador Díaz)

Comprometeu 20.000 € para a asociación e 49.000 para o Concello

Postos a fala co presidente da asociación de produtores de pataca da Limia Amador Díaz, para que nos fixera unha valoración da visita feita onte a mañá ao Presidente da Deputación Manuel Baltar, manifestou que non podía estar máis que moi satisfeito, como xa llo declarou ao propio presidente.

20.000 € de axuda

Amador Díaz no último pleno
Amador Díaz no último pleno

Comprometeuse que na próxima modificación dos orzamentos metería unha partida de 20.000 € para que a asociación poida contratar un conductor para a máquina de axeitar as pistas.

O ano pasado comprouse a máquina pero non se puido facer nada con ela, porque a nosa proposta de que fosen os propios concellos os que se fixeran cargo do maquinista non foi adiante.

Desta maneira, a asociación contratará e formará a unha persoa, para que o rendemento da máquina sexa do 100%.

49.000 € MÁIS

Preguntado por si falaran de algún outro tema relacionado coa Limia ou o concello do que é teniente de alcalde Amador manifestou que aproveitando a visita, el levaba un pequeno proxecto, dun tema enquistado dende fai anos.

A DAMA DA LAGOA.

Resulta que a estátua da Dama da Lagoa, feita e rematada polo escultor limián, aínda estaba sen pagar e loxicamente sen poder poñer no seu sitio. Pois o Presidente accedeu a facerse cargo do custe da mesma e do custe de poñela no lugar onde se escolla que ascende a 10.000 €.

Outro dos temas que como se soe dicir, xa que estamos... falamos da necesidade de prestarn

os un funcionario para o departamento de recaudación, que nestes momentos estamos en precario. Tamén anunciou que en breve plazo nos enviaría un reforzo.

A verdade é que cando un vai con dous temas para solicitar axuda e sae con eles resoltos, non pode máis que sair contento, satisfeito e agradecido.Neste caso hacía o Presidente da Deputación.