Estreamos sección e queremos contar coa vosa colaboración

Estreamos sección e queremos contar coa vosa colaboración

No voso faiado gardades unha bici, unha cama ou mesmo un moble que non usades? Pola vosa casa almacenades unha morea de cousas que non sabedes que facer con elas e dávos mágoa tiralas ó lixo?

Esta é a vosa oportunidade. O xornal Dende a Limia préstase para facervos de escaparate.Se queredes vender ou mesmo regalar algo que tendes por aí queremos axudarvos. Enviádenos fotos de aquelo que queredes vender ou regalar xunto cunha breve descrición a ofaiado.dendealimia@hotmail.com. Acompañade o texto con información sobre como contactar con vos se alguén está interesado en conseguir aquelo que ofrecedes.

Lembrar que a xestión de compra e venda corre pola vosa conta, o xornal só funciona como un escaparate, a negociación é cousa vosa.

Animádevos que no faiado hai sitio para todos!