A ÉTICA E A ESPIRITUALIDADE NOS COIDADOS

IMG AULA
A ÉTICA E A ESPIRITUALIDADE NOS COIDADOS

Arturo Fuentes Varela, Médico Pediatra , promotor do comité de ética asistencial do CHOU

Deica agora, neste Curso de Coidados, foron aprendendo técnicas; cómo facer ben o seu traballo, na sua dimensión práctica. Dotáronse con mañas para satisfacer as necesidades das persoas que coidan, como profesionais, voluntarios ou familiares.

Nesta sesión, baixo o encabezamento de: \“ética e espiritualidade nos coidados\”, se nos invita a reflexionar no qué son os coidados, cómo o ser humano está capacitado para dar coidados e recibilos; e as formas correctas que deben desenrolar os coidadores para facer diso una actividad que respecte a dignidad do ser humán; y ao tempo, coidar da necesidad que todo individuo ten de atopar sentido á súa existencia. Respectar a dignidade da persoa coidada ; e impulsala para que poida vivirse aberta, con sentido, esperanzada,…. Iste é o noso tema de hoxe.

Nos alicerces da nosa reflexión hai unha antropoloxía determinada, unha maneira concreta de ver ao ser humano: unha unidade complexa, feita de exterioridade e interioridade, de materia e espírito, de \“corpo e alma\”. E dicir, vivíndose como unidade, non todo é únicamente material bioquímico ( carbono, nitróxeno, hidróxeno e oxíxeno), senon tamén sentido, finalidade, trascendencia, amor,…

E mirando para ese ser humano, unidade complexa, é como-nos vemos necesitados de coidado, e posibilitadores do mesmo; cómo hai una exterioridade, que afectando ao todo, non se identifica con él; e podemos manternos na identidade, a pesares dos quebrantos na corporalidade. 2

Laiámonos no corpo, e sofrimos no espírito; avellentamos no corpo e maduramos no espírito; enfermamos no corpo e atopamos sentido dende o espírito; por fora facemos xestos, e polo de adentro os valoramos; na corporalidade os executamos e no ser interior os aquilatamos, estimamos e gozámonos deles.