Excarceran a dúas persoas tras colidir dous turismos en Calvos de Randín

calvos4
Excarceran a dúas persoas tras colidir dous turismos en Calvos de Randín
As dúas persoas quedaron atrapadas dentro dos seus vehículos

Segundo informa o 112 Galicia , pasadas as 17:30,dúas persoas resultaron feridas esta tarde nun accidente entre dous vehículos que circulaban á altura do cruce que vai a Portugal, na localidade de Calvos de Randín (Ourense).

Faltaban dez minutos para as 17:30 horas cando o 112 Galicia recibía a alerta dun particular. Indicaba que podía haber persoas atrapadas no interior dos turismos.

Decontado, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Xinzo e dos membros do GES de Muíños. Ademais informaron aos Servizos Sanitarios de Urxencia de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil da localidade, de Muíños e da Porqueira.

Tras confirmar que as dúas persoas estaban atrapadas entre os ferros dos turismos, tanto os Bombeiros como os membros do GES procederon coas tarefas de excarceración.

Debido á gravidade da situación os servizos sanitarios optaron por desprazar ata o lugar ao helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que, finalmente, os dous ocupantes de ambos vehículos, tras ser liberados, puideron ser evacuados en ambulancia.

calvos 2calvos3calvos5calvos6