Os facultativos de urxencias do Pac, NON PERDEN O ÁNIMO

IMG-20200322-WA0018
Os facultativos de urxencias do Pac, NON PERDEN O ÁNIMO

“Aquí estamos, loitando, aínda que cunhas “armas”, pouco convincentes”

Os facultativos que no día de hoxe están a facer garda, queren transmitir aos veciños e veciñas da comarca, que teñen o ánimo ao 100%, aínda que entenden que ir a esta “guerra” co “armamento” que mostran na instantánea, non é o mais indicado.

As mascarillas solo serven para que os pacientes que atenden non se contaminen cos seus virus, pero eles(médicos due, etc.) están totalmente indefensos ante os virus que poidan traer os pacientes. As luvas son as que teñen, e como “batas”, xa vemos con bolsas de lixo confeccionadas por eles mesmos. Pero aínda con todo, non perden o ánimo e queren transmitir a poboación, que entre todos, sairemos desta.