A falta de desinfección e información é absoluta, para que se creou a Comisión?

Toni fernaández
A falta de desinfección e información é absoluta, para que se creou a Comisión?
Condolencias públicas do PP de Xinzo pola primeira falecida no noso concello

Boa tarde,

Hoxe por desgraza o COVID 19 levouse por diante unha veciña nosa, primeiro caso de mortandaz por este virus neste Concello. O noso máis sentido pésame a familia. Esto debe concienciar a veciñanza, máis se cabe, de que cumpran a raxatabla as medidas do Estado de Alarma. Pero tamén reiteramos unha vez máis ao Grupo de Goberno que acometa, XA, a desinfección integral necesaria do noso concello e que cada día informe de como está a situación. Os noso veciños e veciñas necesitan saber en cada momento a que nos estamos enfrontando.

O martes pasado creouse unha comisión de seguimento municipal, dende ese momento ata hoxe non se informou de nada aos representantes da mesma, nin se fixo caso a solicitude de unha desinfección en condicións, que o noso grupo fixo o luns pasado. Temos que enterarnos polas redes sociais da campaña das mascarillas non sanitarias, dunha persoa desinfectando, só un día, cun fumigador pequeno e por desgracia do finamento dunha veciña.

A falta de desinfección e información é absoluta, para que se creou a Comisión?

Unha vez máis solicitamos que se desinfecte ben o noso Concello diariamente, con medios propios, con empresas especializadas, coa colaboración da maquinaria do noso sector agrario ou alquilando sulfatadoras.

Infórmennos cada día dos casos de COVID 19 no noso Concello, de como está o suminstro das epis de protección que ten que enviar a Subdelegación do Goberno ou a Xunta de Galicia, e que se leve megafonía polas rúas e pobos apoiando as función da Policía Local, Protección Civil, Grada Civil ou calquer forza do estado.

Dende o primeiro momento estamos arrimando o ombro, dando ideas e seguiréremolo facendo, ata derrotar este virus. Non hai cores políticas, hai sentido común. Fagámos ben as cousas, non escatimemos en medios nin en medidas, cada veciña e veciño conta. Quedan atrás os egos, é hora dun Concello forte remando todas e todos contra este inimigo, dando a cara cada día, adoptando decisións que salven vidas.