FALTAN TRES SEMANAS

IMG-20150716-WA0004
FALTAN TRES SEMANAS

O esquecemento 2015 quenta motores

Xa está repartido polas rúas o cartel anunciador da festa do esquecemento 2015. Este ano o deseño foi feito por un artista da limiá,Planb, deseñador, que recibiu o encargo da organización para facer un cartel \“rompedor\”. Tres foron as propostas e o final o escollido foi o que se presenta.

Non cabe dúbida ningunha que a inspiración ven dunha serie de TV moi afamada a nivel mundial e que nestes momentos se está rodando por terras españolas.

Tamén podemos saber que esta edición vai a contar con catro grupos máis de romanos que as edicións anteriores. Isto fai que a festa sexa moito máis vistosa e que non haxa que traer de fora figurantes romanos.

Na semana que ven, parece ser que farán a presentación oficial de tódolos actos da festa.