Feijóo "preséntome sen siglas, só por Galicia, non nos mandas as siglas senón os galegos"

peperos 2
Feijóo "preséntome sen siglas, só por Galicia, non nos mandas as siglas senón os galegos"

O Pavillón Municipal de Deportes de Xinzo de Limia encheuse dos que quixeron escoitar de preto ós populares galegos.

Alberto Núñez Feijóo deixou claro no mítin que "preséntome sen siglas, só por Galicia, non nos mandan as siglas senón os galegos". Engadiu que non significa que as esconda "todo o mundo sabe por que partido me presento". Pola contra Feijóo destacou que na súa opinión son "outros" os que ocultan as siglas. "En Castela e León chámanlle Podemos e en Galicia En Marea, pero quen manda tamén é Pablo Iglesias", destacou.

peperos

O candidato a ser reelexido presidente da Xunta nun momento de euforia sinalou que "si Ourense consegue nove escanos, eu pago o café a toda a provincia, con leite galega".

Estivo arroupado polo PP de Xinzo co rexedor Antonio Pérez á cabeza, e tamén de Ourense coa presencia da candidata número un, Marisol Díaz, o presidente provincial do PP ourensán, Manuel Baltar.

O presidente da Junta de Castela e León, Juan Vicente Herrera participou no mítin celebrado en Xinzo para destacar que Feijóo é "un luxo dentro do PP" e engadiu "é un privilexio e un dos mellores".