A feira do comercio de ProLimia arranca cos seus preparativos

Feira 2021
A feira do comercio de ProLimia arranca cos seus preparativos

O mércores quere reunir a todos os interesados en participar

Na Asemblea celebrada a semana pasada, ProLimia, aprobou a celebración por segundo ano consecutivo da Feira do comercio para o último fin de semana do mes de agosto.

Este mércores ás 20:30, todos aqueles asociados que queiran participar na mesma teñen que asistir a unha reunión, na que se informarán sobre como vai a ser o proceso de elección de todos os que queiran participar, así como informar polo miúdo das condicións económicas etc.