A Festa do Esquecemento parece ter moito futuro

1
A Festa do Esquecemento parece ter moito futuro

Case 9000 € lle deixa a directiva dimitida de Civitas Limicorum aos novos representantes

Se un se fai eco do visto no salón de actos da Casa da Cultura na tarde-noite do venres o futuro da festa do Esquecemento ten un futuro prometedor

Mais dun cento de mozos e mozas, na súa grande parte asistiron a unha asemblea que podíase dicir que era constitutiva, despois da dimisión en pleno da directiva da asociación encargada da organización da festa (Civitas Limicorum).

NOVO MODELO DE XESTIÓN

2

Con un silencio \“afirmativo\” aprobouse a nova forma coa que se pretende levar a cabo a organización tanto da festa como da propia asociación.

Sete persoas foron as que configuran na \“coordinadora\”, figura coa que levarán a cabo tódalas xestións. Sete foron os membros que forman parte desta coordinadora na que cada un dos membros será o responsable da Coordinación xeral, da de grupos e da comisionada.

Cada unha das coordinadoras encargarase de levar a cabo todo o necesario para que a festa deste 2017, sexa polo menos un pouco mellor que a pasada e así seguir ano a ano.

Senín, Noelia, Manu, Iván, Carlos, Merchi e Tania foron os elixidos para todo o que se refire a festa e a asociación Civitas.

15 € será a achega obrigatoria para participar na festa.

Os que pertenzan a asociación Civitas terán que aboar 10€ de cota anual que se descontará ao final da cota de participación.

70% de representantes dos grupos.

Outra das cuestión fundamentais que estableceron os membros da nova coordinadora é a de que en cada reunión ten que asistir polo menos o 70% dos representantes dos grupos participantes. De non ser así non serán validados os acordos.