O Festival de Teatro da Asociación Aneis inaugurou as actividades culturais de Nadal en Xinzo

O Festival de Teatro da Asociación Aneis inaugurou as actividades culturais de Nadal en Xinzo

O Nadal de Xinzo ofrece moito máis que iluminación e decorados. A programación inclúe actividades culturais que se inauguraron co Festival da Asociación Cultural Teatro Aneis na Casa da Cultura. Os nenos do grupo Aneis Cativos escenificaron as obras “Daniela Pirata” e “Galo Kiriko”, mentres que os membros teatro3da agrupación Raparigos deleitaron ao público con “O neno que non tiña recreo” e “Mosca chosca”. Os máis maiores representaron “Unha de zombies” e “O atraco”. Neste mesmo escenario, está previsto que se celebre esta tarde, a partir das 20.00 horas, o Concerto de Nadal do Conservatorio Profesional de Música de Xinzo. Mañá, á mesma hora e no mes lugar, será protagonista a Escola de Música da Limia co seu Festival de Nadal.