A fin do verán máis caluroso dos últimos 15 anos

180920 RP veran 2018
A fin do verán máis caluroso dos últimos 15 anos

O verán galego foi cálido e húmido, cunha diferencia de 0.71ºC da temperatura media e un 32% máis e chuvia rexistrada

O verán na Comunidade galega foi unha estación cálida e húmida, á vista dos rexistros de temperatura e precipitacións que esta mañá a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, e o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, presentaron en rolda de prensa. A diferencia da temperatura media para a serie rexional situouse nun +0.71ºC, xunto coa anomalía media das precipitacións dun 32% superior ao valor normal, fan que poida considerarse como un verán cálido e húmido.

A temperatura media obtida a partir das temperaturas medias de once estacións meteorolóxicas foi de 19.8 ºC. No conxunto dos tres meses, destacaron as altas temperaturas mínimas, que cun valor de +1.08ºC por riba da media, poden cualifícanse como moi cálidas. As máximas de xuño e xullo foron inferiores a súas medias climáticas; sen embargo, agosto rexistrou máximas moi altas, que deron lugar á media das máximas máis altas da serie histórica (28.7ºC de media), similar aos 28.6ºC de 2003.

“O aire procedente do norte de África nos primeiros días de agosto é a razón de que o día 4 na estación de Cequiños, en Arbo, se rexistrara o maior valor de temperatura, 43.66ºC”

Precipitacións

A directora xeral argumentou que -no conxunto- pódese cualificar o verán de 2018 como húmido, cun 32% de precipitacións por riba do valor climático agardado, debido principalmente ao mes de xuño, que foi moi húmido, cando as precipitacións acumuladas estiveron moi por riba do agardado, principalmente debido ao período chuvioso dos primeiros once días do mes; e en xullo estiveron algo por riba do normal, debido principalmente ás chuvias rexistradas nos dous primeiros días do mes e tamén ao final do mesmo, principalmente o día 30.

No caso do mes de agosto, as precipitacións foron inferiores ás agardadas. Unicamente destaca o día 8, con chuvia ocasionada por un sistema frontal que deixou precipitacións intensas en puntos da metade norte, pero máis febles no sur, e algúns fenómenos tormentosos na xornada do 28.

“As chuvias rexistradas no mes de xuño foron as que aportaron o carácter húmido á estación, mentres que xullo estivo algo por riba dos valores normais e agosto foi moi seco en xeral, cun 60% por debaixo da media”

Comportamento dos recursos hídricos

Segundo os análises de Augas de Galicia, na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa circulou no mes de xuño un 75% máis de caudal respecto ao pasado 2017, mentres que en xullo -grazas as choivas rexistradas a finais de xuño e principios de xullo- rexistrouse unha carga xeneralizada de todas as concas de Galicia-Costa; polo tanto, o caudal circulante con respecto de 2017 foi de 108% máis.

En relación cos encoros, durante todo verán a ocupación media dos embalses da Demarcación Galicia-Costa estivo por riba da media dos últimos 5 anos e do pasado ano 2017. Trasladou que -na actualidade- os embalses de abastecemento de Galicia están ao 75,76% da súa ocupación, un 11,5% superior que respecto do valor do pasado ano.

“O comportamento dos recurso hídricos fluíntes foi normal para esta época do ano, xa que a entrada do período de estiaxe a tendencia do nivel é que diminúa progresivamente”