"Por fin, o Grupo de Goberno parece, e dicimos, parece, vai acometer o acondicionamento das lousas do casco vello" (Grupo PPdG)-Xinzo

A rúa San Roque, que conecta a Praza Maior co Parque do Toural, en Xinzo de Limia. | FOTO: Luis Veloso.
"Por fin, o Grupo de Goberno parece, e dicimos, parece, vai acometer o acondicionamento das lousas do casco vello" (Grupo PPdG)-Xinzo
Despois de dous anos de goberno municipal a veciñanza xa se vai acostumando as mentiras, as falsas promesas, a prepotencia, o abandono que leva a Alcaldesa e o seu grupo de goberno como estandarte

O grupo municipal do PPdG en Xinzo critica a tardanza de comezo dos arranxos das lousas do casco vello, esta vez despois da caida doutra persoa con lesios na rúa S.Roque:

Tras meses menosprezando as queixas veciñais ou de visitantes que transitan polas rúas céntricas empedradas da nosa vila e despois de innumerables caídas ou accidentes de viandantes; por fin, o Grupo de Goberno parece, e dicimos, parece, vai acometer o acondicionamento destas rúas. Hoxe mesmo unha veciña caeu golpeándose a faciana contra o chan por culpa dunha lousa levantada na rúa San Roque.

Despois de dous anos de goberno municipal a veciñanza xa se vai acostumando as mentiras, as falsas promesas, a prepotencia, o abandono que leva a Alcaldesa e o seu grupo de goberno como estandarte. E non se creen xa cada anuncio de autobombo que cada día invade as RRSS e a prensa por parte de Dna. Elvira e os seus concelleiros.

O que nos importa ao Grupo Municipal Popular é que se pense na cidadanía e se arranxen as necesidades básicas. Unha vez que se presume do millón de € para gastar no orzamento 2021 e non se axuda como se debe a autónomxs, hostalaría, comercio, pemes,... polo menos inverter ese diñeiro en cousas que de verdade fan falla e non, como por exemplo, nun novo aparcamento para cumprir unha cacicada partidista.

Recordamos que este Goberno Municipal perdeu, pola súa ineficacia, a subvención do Plan Hurbe do ano 2019; e agora quere cargar contra a Xunta a necesidade deste plan. Po qué a perderon fai dous anos?

Empresarixs do Parque Empresarial, hostalaría, comercio, empresas, Av. Celanova, Zepetal, Sitibal, Bouzo, asociacións, os pobos, Travesía da Moreira, Blanco Amor, San Roque, ... están sendo por desgraza cada día, vítimas dun goberno que se preocupa más de como encher as RRSS que de como xestionar uns importantes orzamentos tanto propios como chegados doutras institucións. Nunca o Concello tivo tanto diñeiro para inverter, grazas o esforzo de austeridade do goberno pasado, como para despilfarro e cacicadas con empresas “amigas”.