Fochancas, pedras soltas, mala rozadura das cunetas...

IMG_20200715_192954
Fochancas, pedras soltas, mala rozadura das cunetas...
O PP volve "denunciar" o estado das pistas

Nota de prensa integra:

Malestar é o que estamos a recibir nestes días por parte da cidadanía e visitantes do noso Concello do estado deplorable da pista pola cal se desviou o tráfico tralo peche da Sitibal para o seu ensanche.

Fochancas, pedras soltas, mala rozadura das cunetas, contedores de lixo pegados á vía, mala sinalización ou falla de redución de velocidade;

Son ás queixas que durante o último mes nos fan chegar usuari@s e veciñ@s desta pista situada na zona da Moreira. Pista que a día de hoxe está a soportar todo o movemento que tiña a Sitibal, tanto lixeiro como pesado, co condicionante de que non foi acondicionada antes para soportar este aumento de tráfico.

No pleno que se celebrou o 19 de xuño o Grupo Municipal Popular preguntou o motivo de non avisar á veciñanza do peche da rúa Sitibal e da ruta alternativa e solicitouse o acondicionamento do percorrido alternativo. Xa que ademais do mal estado da vía é unha zona concorrida de persoas camiñando.

A día de hoxe, como se pode observar, só se fixo unha mala pasada coa desbrozadora, levando por diante algunha que outra arqueta.

Seguimos denunciando que o Goberno Municipal só traballa para saír na prensa e nas RRSS, con falsos logros, nulas medidas operativas para o pobo e escusas banais da súa inoperancia.