As Forzas e Corpos de Seguridade intensificarán os controis con motivo da festividade do 1 de maio para evitar desprazamentos a segundas residencias

control3
As Forzas e Corpos de Seguridade intensificarán os controis con motivo da festividade do 1 de maio para evitar desprazamentos a segundas residencias

Trala reunión do Centro de Coordinación Operativa provincial celebrada na Subdelegación do Goberno, o subdelegado, Emilio González Afonso, insistiu na importancia de que os ourensáns e as ourensás continúen, como ata agora, a facer o esforzo de cumprir as normas establecidas polo Goberno para evitar a propagación do virus do COVID-19.

Así mesmo, Emilio González apelou á unidade para loitar contra a pandemia, facendo un chamamento para cumprir as restricións de mobilidade de cara aos vindeiros días, coincidindo coa festividade deste venres e coas primeiras medidas adoptadas para o paseo dos menores de 14 anos.

Neste sentido, o subdelegado do Goberno informou de que a Garda Civil, a Policía Nacional e as policías locais intensificarán os dispositivos para evitar desprazamentos a segundas vivendas ou zonas de ocio con motivo da festividade do 1 de maio e que os mesmos se estenderán durante toda a fin de semana. Neste sentido, resaltou a importancia de non relaxar as normas de comportamento establecidas para conter o virus do COVID-19.

Imaxe dun Garda Civil.Emilio González quixo manifestar o seu agradecemento pola comprensión da inmensa maioría da cidadanía, incidindo en que na provincia de Ourense se observa un elevado grao de cumprimento das medidas establecidas para evitar a propagación do coronavirus. A pesar do descenso no número de afectados, lembrou que aínda queda moita loita contra o virus COVID-19 e que non é posible baixar a garda para que non sexa preciso dar pasos atrás.
O subdelegado do Goberno insistiu na necesidade de cumprir a normativa e facer caso ás indicacións das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, agradecendo o esforzo e a labor que están a realizar durante estes días difíciles e complicados.