A Fundación Curros Enríquez colabora na programación de Nadal co consistorio de Celanova

I certamen CHEF en celanova2
A Fundación Curros Enríquez colabora na programación de Nadal co consistorio de Celanova

Un ano máis a Fundación Curros Enríquez colabora na programación de Nadal co Concello de Celanova coa organización de diversas actividades: obradoiros de Nadal para nenos, visitas teatralizadas, actividades co comercio local e exposicións na Casa dos Poetas.

Un ano máis a Fundación Curros Enríquez colabora na programación de Nadal co Concello de Celanova coa organización de diversas actividades: obradoiros de Nadal para nenos, visitas teatralizadas, actividades co comercio local e exposicións na Casa dos Poetas.

Do 15 ao 27 de decembro poderase visitar na sede da Fundación Curros Enríquez a mostra "Esperanto. Un planeta por decubrir… unha lingua para facelo", organizada pola Federación Española de Esperanto e formada por quince paneis con contidos sobre o esperanto e o seu creador, o Dr L.L. Zamenhof, do cal se celebra o 100 aniversario do seu pasamento en 2017. O día 26 de decembro ás 19 horas acollerase unha charla de clausura a cargo de Jose Antonio del Barrio, presidente da Federeación Española de Esperanto.

O venres 16 de decembro realizarase unha "Visita teatralizada por Vilanova dos Infantes" ás 19 horas.

O venres 16 de decembro realizarase unha "Visita teatralizada por Vilanova dos Infantes" ás 19 horas. Para participar é necesario a inscrición previa e o prezo é de 7€. Outra sesión teatralizada pero neste caso nocturna polo Mosteiro de San Rosendo terá lugar o 29 de decembro ás 21:30 previa inscrición e polo prezo de 5€ a entrada.

A fin de semana (17 e 18 de decembro) organizarase a Feira de Nadal a través do portal web compraencelanova.com e coa colaboracións de moitos establecementos adheridos a este proxecto da Fundación Curros Enríquez. No pavillón das Triguerzas montaranse postos de moda, calzado, mobles, deporte, alimentación, vehículos, complementos e xoguetes. Haberá un sorteo entre os compradores da Feira, unha exhibición de Baila conmigo, un taller infantil de galletas de Nadal e contarase coa visita de Papá Noel. O sábado terá un horario de 17:00-21:00 e o domingo de 11:00-21:00.

Para os máis pequenos da vila, como cada ano, colabora a Fundación Curros Enríquez na organización de obradoiros de Nadal. A partir do 22 de decembro chegarán os xogos, teatro, danza e manualidades coa Creaoteca de Nadal. Terá lugar ata o 5 de xaneiro de 11:00 a 13:00 na Casa dos Poetas. Destinados a nen@s de entre 4 e 12 anos poderanse anotar no 646.026.421 ou a través do correo fundacion@currosenriquez.es.