A Fundación Curros Enríquez organiza unha ludoteca para nenos na Semana Santa

cartel Ludoteca semana santa 2017
A Fundación Curros Enríquez organiza unha ludoteca para nenos na Semana Santa

Permitirase a inscrición de nenos ata o vindeiro luns 10 de abril ou ata cubrir as 40 prazas dispoñibles.

A Fundación Curros Enríquez, en colaboración co Concello de Celanova, organiza na Casa dos Poetas unha Ludoteca de Semana Santa para nenos de entre 4 e 12 anos. Os talleres desenvolveranse o martes e mércores, 11 e 12 de abril, entre as 11 e as 13 horas.

A temática deste ano xirará entorno ao teatro de marionetas e os grandes xogos. Distribuídos por grupos de idades contarase con dous monitores de ocio e tempo libre. Permitirase a inscrición de nenos ata o vindeiro luns 10 de abril ou ata cubrir as 40 prazas dispoñibles. O contacto para se inscribir é o 646026421 ou no correo electrónnico fundacion@currosenriquez.es