30 de noviembre de 2016, 23:54
Como tódolos anos a academia fusión fitnes comeza a súa programación do mes de Nadal este mesmo sábado dia 3 a partir das 16:00 cun obradoiro de danza tradicional, para media hora mais tarde comezar unha sesión de “Krav Maga Woman”.
O día 10 celebrarán alumnos e profesores a cea de nadal, con reserva previa. Nin que dicir ten que a rematará cunhas exhibicións de bailes por conta dos asistentes.
O dia 19 será o escollido para que todos e todas poidan propoñer os novos retos de cara o ano que ven. Coincidindo c odia da lotería nacional do 22 haberá un sorteo de cestas de nadal, e o dia 23 será o dia das coreografías, aínda sen determinar o sitio para levalas a cabo.