Fusión Fitness estrea instalacións con máis de 70 clases e matrícula gratis antes de setembro

fusion2
Fusión Fitness estrea instalacións con máis de 70 clases e matrícula gratis antes de setembro

Fusión Fitness acaba de estrear as súas novas instalacións situadas na rúa Lepanto de Xinzo de Limia. Un espazo para o deporte con 3 salas destinadas a máis de 70 clases programadas á semana. Entre elas actividades para os máis pequenos, artes marciais, defensa persoal, tonificación muscular ou baile completan a oferta deportiva.

As novidades que se suman a esta longa lista son Fitness Oro, un adestramento para a terceira idade, Método Hipopresivo, Kendo, Aikido ou adestramento en suspensión.

Tamén poñen en marcha un deseño de rutas para a xente que se inicia no mundo do running ou para aqueles que xa forman parte del e buscan darlle calidade ós seus adestramentos.

fusion

A sala de musculación e cardio conta cun monitor permanente para quenes desexen un adestramento personalizado ou para recibir un asesoramento nutricional e deportivo. O espazo conta tamén con todo o preciso para a preparación física de oposicións.

As instalacións complétanse cun vestiario feminino e outro masculino e un infantil con baños de duchas. .

As persoas que queiran formar parte do universo Fusión Fitness poden aproveitar a anotarse antes do 31 de agosto e gozar de matrícula gratis.