jueves. 30.03.2023

A gala solidaria que organiza o centro de actividades Fusión de Xinzo busca patrocinadores

Os beneficios do evento terán como destino bancos de alimentos e roupeiros da vila

    O centro de actividades Fusión de Xinzo de Limia organiza tódolos anos unha gala solidaria.

fuision

Desta volta baixo o titulo de "Los 80", o vindeiro mes de xuño o alumando das distintas modalidades que se imparten no centro participará nunha evento que vai ter lugar na vila. Un espectáculo de baile e de deporte dedicado nesta edición á década dos 80.

O obxectivo da gala é recadar alimentos non perecedoiros e roupa que teñen como destino os bancos de alimentos e roupeiros da zona.

Coa intención de cubrir gastos de promoción, luces, son... a organización busca patrocinadores. Numerosos negocios da zona xa se uniron ó evento. Aqueles comercios ou establecementos que queiran colaborar poderán facelo poñéndose en contacto coa dirección do centro situado na rúa Rosalía de Castro de Xinzo ou a través do correo [email protected] A cambio de aboar a contía que consideren aparecerán na publicidade da gala. A data límite para participar é o luns 16 de maio. 

O evento solidario terá lugar o 11 de xuño na praza Carlos Casares de Xinzo de Limia. Na gala do ano anterior dedicada ó rock and roll asistiron unhas 800 persoas. 

A gala solidaria que organiza o centro de actividades Fusión de Xinzo busca patrocinadores
Comentarios