O ano 2016 Galicia contará de novo coa noite de San Xoán, o 24 de xuño, como día non laboral. Así o decidiu o executivo galego que tamén sinalou como festivos o 17 de maio día das Letras Galegas e o 24 de xullo, día do Santiago Apóstolo.
A maiores, o calendario non laboral do 2016 ten oito festivos a nivel nacional. Estes son o día de Ano Novo que cae a venres; o 25 de marzo venres Santo; Asunción da Virxe o 15 de agosto; Festa Nacional de España o 12 de outubro; o 1 de novembro día de Todos os Santos; 6 de decembro Día da Constitución Española e o 8 de decembro a Inmaculada Concepción.
En 2016 hai dous días fesivos que caen en domingo e que son o 1 de maio Festa do Traballo e o 25 de decembro Nadal.
A maiores cada concello de Galicia poderá escoller ata dous festivos locais.