GALIZA NOVA DE XINZO REPULSA O NOVO GOBERNO MUNICIPAL

GALIZA NOVA DE XINZO REPULSA O NOVO GOBERNO MUNICIPAL

A Asamblea Local de Galiza lamenta o pacto entre Áxil e o PP para a formación do novo goberno municipal de Xinzo de Limia.

" Este vergoñento acordo, froito do interese persoal e partidista das forzas políticas implicadas, tradúcese nun goberno indigno conformado dende a demagoxia e a mentira.

Xinzo estará rexido por unha política sen proxectos sólidos máis alá do beneficio próprio, rachando así con todo o acadado nestes catro anos de goberno progresista. Esta falta de determinación e consistencia será ainda máis prexudicial para a mocidade limiá, abrindo unha etapa de goberno caciquil no cal NUNCA estarán representados os nosos valores e intereses. A primeira consecuencia deste goberno ilícito e con marcado caracter conservador, son as numerosas solicitudes de adhesión que Galiza Nova recibiu nos últimos cinco días.

Ante a dita situación, Galiza Nova comprometémosnos firmemente a seguir loitando pola mocidade os próximos catro anos, para que as necesidades da xente nova da Limia sexan unha realidade. Seguiremos realizando propostas que redunden no desenvolvimento de tódalas persoas do noso concello.

Xinzo merece un goberno participativo, comprometido e honesto que traballe únicamente para a cidadanía.

Xinzo merece máis. Cómpre estar, e estamos."