Galletas e carbón de azucre

586
Galletas e carbón de azucre

27 nenos da comarca de Celanova aprenden a facer doces

Hoxe sábado comezou a primeira xornada do obradoiro de doces de Nadal organizado pola Fundación Curros Enriquez de Celanova. Neste caso a parte práctica realizouse coa colaboración da asociación cultural As Ortigas.

585

27 foron os nenos e nenas que acudiron a sesión de mañá na planta superior da praza de abastos de Celanova e dedicaron a xornada a facer galletas de nata e carbón de azucre. As xornadas continuarán o próximo sábado.