Os gañadores do I certame literario Carlos Casares recibiron os seus premios

gañadores concurso literario carlos casares
Os gañadores do I certame literario Carlos Casares recibiron os seus premios

Oscar Rivero, Carla Dominguez e Marcos Fernández foron os gañadores nesta primeira edición nas diferentes categorías.

A Praza Maior da vila de Xinzo foi o lugar escollido para facer a entrega dos premios do I Certame Literario Xuvenil de Relato Curto Carlos Casares. Os gañadores recibiron a placa de gañadores, o diploma e o premio económico.

Recordamos que Óscar Rivero gañou na categoría junior co relato "Os días aprazados", Carla Domínguez por "Suxeito de proba" na categoría xuvenil e Marcos Fernández na infantil con "Unha nova vida".

Fixeron entrega dos premio Xavier Casares, Rafael Laso, Luis Miguel Gil, Carlos Gómez e Manuel Pérez.

Este foi o primeiro acto que leva o nome do escritor Limiau dende que a semana pasada se dera a coñecer o nomeamento do noso escritor, como ó homenaxeado nas Letras Galegas 2017.