A Garda Civil de Ourense desfarase de 800 armas polo procedemento de poxa
O día 24 ás 10:00 en prego pechado
Un total de 800 armas, entre eles, rifles, escopetas, carabinas, pistolas e revolveres, van a ser subastados, por última vez na provincia de Ourense.
NA COMANDANCIA DA GARDA CIVIL DE OURENSE
Na rúa Bieito Amado 17 estarán expostas todas as armas que a Garda Civil de Ourense ten nos seus almacéns procedentes de licenzas caducadas e falecemento dos seus propietarios.
DENDE 0 A 30.000 €
O procedemento será de primeira e única subasta, aquelas que non teñan ofertante, irán directamente a chatarra.
Todos aqueles que queiran ir a miralas poden dirixise a dirección da comandancia dende hoxe 17 ata o 19 de xaneiro en horario de 09 a 13:00 h. Por mos do protocolo Covid, solo se poderá estar na exposición un máximo de 15 minutos e un máximo tamén de 8 persoas.
Esta será a última ocasión para adquirir un arma por este procedemento. O novo regulamento esixirá que toda incautación de arma sexa destruída.