O. Ferreiro
19 de octubre de 2017, 0:40
A Garda Civil da zona da Limia solicita a colaboración cidadá para axudar a esclarecer a autoría dos lumes que arrasaron parte do país nos últimos días.
Garantese total confidencialidade.
Calquera dato que poida aportar a cidadanía podería converterse en parte vital da investigación, polo que se anima aos cidadáns a poñerse en contacto a través do teléfono 061 ou o correo electrónico [email protected]. Tamén poden empregarse os perfís da Garda Civil nas redes sociais.
Por outra banda tamén se quere enviar unha mensaxe de tranquilidade á hora de aportar información, polo que o instituto armado garante total confidencialidade.