O. Ferreiro
5 de mayo de 2017, 18:49
Hoxe púidose saber, na reunión da Policía Local cos directores dos catro centros educativos de Xinzo de Limia, o percorrido do desfile da Garda Real pola vila, que terá lugar o vindeiro xoves 18 de maio.
O percorrido comezará ás 11 horas pola Avenida de Madrid –inicio no cruce coa Rúa Padre Feijóo, pasando pola Avenida de Ourense –dando a volta na rotonda do cruce da Avenida de Celanova– e tamén pola Rúa 2 de Maio.
Así mesmo, a partires das 18:00 horas realizarán unha exhibición equina e canina na Explanada do Toural.