Gas Natural remata as obras de transformación das redes propano a gas natural en Xinzo

Obras do gas natural ata en sábado pola tarde
Gas Natural remata as obras de transformación das redes propano a gas natural en Xinzo

Máis de mil fogares e comercios acolléronse a esta fonte de enerxía

Gas Natural Galicia comezou coas obras de transformación no 2014. Un ano despois, preto de 1400 fogares e comercios de Xinzo cambiaron a gas natural. A compañía fixo públicos estes datos a través dun comunicado. Nel sinalan que a primeira fase de gasificación levouse a cabo na avenida de Ourense e Madrid así como polas rúas Mato, Alexandre Bóveda, Río Arnoia, Sil e Miño. Do mesmo xeito e aproveitando as obras municipais, a compañía tamén levou a cabo a canalización da rúa Curros Enríquez.

Gas Natural ten previsto incrementar a súa presenza na vila ata acadar o suministro a 3.500 vivendas, comercios industrias. Isto farano cunha inversión de 2.8 millóns de euros.

Dende a compañía apuntan que o gas natural é a día de hoxe o combustible fósil máis eficiente e respectuoso co medio ambiente.