O GDR-10 promociona as sedes museísticas do seu territorio en Praga

Representantes do GDR-10 na Feira de Turismo de Praga
O GDR-10 promociona as sedes museísticas do seu territorio en Praga
Na feira Internacional de Turismo de Praga

A vicepresidenta - e alcaldesa de Allariz- e persoal técnico do GDR10 Limia-Arnoia están esta semana en Praga para asistir á Feira Internacional de Turismo, no marco do proxecto de colaboración interterritorial “Museos Vivos” . Este proxecto “Museos Vivos” está financiado con fondos FEADER na convocatoria realizada pola AGADER (Consellería do Medio Rural). Nel participan Grupos de Desenvolvemento Rural de todo o Estado Español, entre eles 3 de Galicia: GDR Ribeira Sacra Lucense, o GDR ASDECOMOR da comarca de Ordes, e GDR Limia-Arnoia de Ourense.

feira-internacional-turismo-praga3
feira-internacional-turismo-praga3

O seu obxectivo é promocionar a rede museística propia destes territorios e dotar certos museos de dispositivos electrónicos de apertura e visita guiada de xeito automatizado, con cita previa (máis info en www.museosvivos.com). O proxecto está en execución no presente ano 2022, e no caso concreto da nosa comarca, permitirá a implantación deste dispositivo no Forno da Santa (Santa Mariña de Augasantas) de Allariz. A Feira Internacional de Turismo HOLIDAY WORLD & REGION WORLD - que se celebra os días 18 e 19 de marzo - é o evento máis importante deste tipo non só na República Checa, senón tamén na rexión de Europa Central