24 de octubre de 2017, 21:29
Dez mulleres e dous homes comezaron o fin de semana pasado o curso de Cestería que o GDR Limia-Arnoia está a desenrolar en Sandiás.
Na Casa de Cultura do Concello e durante tres fins de semana, de venres e sábado, os asistentes faranse coas técnicas básicas da cestería tradicional para que, a poder ser, algún dos asistentes ao curso poida dedicarse no futuro a un dos oficios que está desaparecendo na nosa terra.
É preciso resaltar que para este curso houbo que facer baremo pola cantidade de aspirantes a formarse que se anotaron.