O Goberno sacoulle competencias a tódolos concellos

Podemos Xinzo-Presupostos 1
O Goberno sacoulle competencias a tódolos concellos

O venres as 20:30 celebrouse unha xornada convocadas por \“Podemos Xinzo\” , participativas e informativas, na Casa de Cultura

Na primeira delas o invitado foi o portavoz municipal de XA en Xinzo, Manuel Pérez Campos para facer unha análise dos presupostos do noso Concello. Estaban presentes Roberto Romero e Sara Lorenzo, responsables da organización en Xinzo.
Unha vez presentados os grandes números dos presupostos do Concello de Xinzo para este ano 2016, Pérez Campos analizou a situación dderivada de que o noso Concello se adheriu a un plan de axuste de pago a provedores polo que debido o Real Decreto de Contención do gasto público, hai poucas cousas que se poidan facer.
O estado non permite contratar a non ser en casos de extrema necesidade e a inversión ata a finalización do plan non pode exceder de 500.000 € .Desta maneira é moi difícil facer a xestión de concellos con competencias asumidas como a de Axuda a domicilio, pero sen presuposto.
Rematada a presentación os asistentes entablaron un animado dialogo co ponente