Grandes desperfectos polo atropelo a un xabaril en Baltar

IMG-20190728-WA0009
Grandes desperfectos polo atropelo a un xabaril en Baltar

Feridos leves os dous ocupantes

Atropelou a un xabaril, que se incrustou nos baixos do vehículo, provocando a súa perda de control e a saída da vía pola marxe esquerda e posterior envorco.

Ocorreu ás 22:50 horas de onte, no Km. 8,400, da estrada OU-1110 (Baltar - Randín), no termo municipal de Baltar . O Peugeot 206 circulaba sentido Baltar, conducido por I. E. R. de 25 anos, veciño de Calvos de Randín, que resultou ferido leve. No vehículo, tamén viaxaba M.A. R. G. de 50 anos, co mesmo domicilio que o condutor, que tamén resultou ferida leve.

OUTROS ATROPELOS DE XABARÍNS NA COMARCA

Ademais deste accidente provocado por animais, no día de onte, contabilizáronse os seguintes atropelos: Ás 07:09 horas, na estrada OU-1105 km 0,6 atropelo a un xabaril (danos materiais) Sarreaus. Ás 23:44 na estrada OU-536 km 25.700 atropelo a un xabaril (danos materiais) Maceda.