19 de mayo de 2022, 19:18
Un incendio declarado nunha explotación porcina situada no lugar de Moreiras, en Xinzo de Limia, deixou danos nas instalacións, sen que ningunha persoa nin tampouco ningún animal resultase afectado. Concretamente, o lume calcinou a escuma do tellado da granxa e, no interior, derretéronse varias portas. O 112 Galicia recibiu a alerta do incendio ao fío das dúas da tarde, a través da chamada de varias persoas particulares.
Ata o lugar do sinistro desprazáronse unha dotación de bombeiros do parque de Xinzo, da Policía Local, Prtotección Civil de Xinzo e unha ambulancia do 061. Tamén colaboraron na estinción do lume medios do distrito forestal da zona.