Grave accidente na tarde do domingo en Xinzo con dous coches implicados

IMG-20200726-WA0005
Grave accidente na tarde do domingo en Xinzo con dous coches implicados

Un dos feridos foi evacuado en helicóptero ao hospital de Ourense

Ás 17:55 horas de hoxe, no quilómetro 0,900 da estrada OU-1151, en termo municipal de Xinzo de Limpa (Ourense), produciuse unha colisión frontal entre dous turismos: un Volkswagen Golf, ocupado por Z.E. K, de 29 anos resultando ferido e trasladado en helicóptero a Ourense; e un Dacia Sandero conducido por R. M. G., de 41 anos resultando ferido leve.

BÚSQUEA DO ACCIDENTE

IMG-20200726-WA0001

Debido a unha mala información ao centro de emerxencias os efectivos dirixíronse primeiramente a propia estación, onde segundo as primeiras informacións fora o accidente. Ao non ser nese lugar todos os axentes locais, garda Civil, Protección Civil e o propio helicóptero que se atopaba por mor doutra emerxencia en Xinzo, andaron a busca do lugar do accidente, ata que pasados uns minutos deron con el.

O accidente foi preto da gasolineira de Petrolimia na pista que une a estrada que vai dar a autovía ata o canal da lagoa.

Para atender este sinistro foi necesario mobilizar: Unha patrulla de motoristas e un equipo de atestados do Subsector de Tráfico da Garda Civil. Unha patrulla de Seguridade Cidadá do Posto da Garda Civil de Xinzo. Protección Civil de Xinzo. Helicóptero e ambulancia do servizo de urxencias sanitarias, así como a Policía Local.

O HELICO DESPRAZARASE A XINZO POR UNHA PERSOA QUE ESTABA INCONSCIENTE

É preciso destacar que, o helicóptero H4, xa se atopaba na localidade de Xinzo de Limia, onde tomara terra, na zona do polideportivo, para atender a un veciño que fora atopado inconsciente no seu domicilio que, tras ser estabilizado, foi evacuado en ambulancia e a aeronave dirixiuse ao sinistro de tráfico.

IMG-20200726-WA0006