O grupo do PP abandonou a sesión plenaria

O grupo do PP abandonou a sesión plenaria

Para facer patente o seu profundo desacordo coa creación dun Órgano Colexiado consultivo (Chiringuito), segundo eles o cualifican.

No último punto da orde do día a alcaldía propuña a creación dun “Órgano colexiado” na que estarían os concelleiros de Infraestruturas e mobilidade Moncho e o de Servicios Sociais Alberto e máis ela mesma como presidenta. Este órgano, que non vai ter carácter decisorio, se non que solo elevará as súas propostas a Xunta de Goberno ou ao o Pleno. Reunirase cada semana e os dous concelleiros que a forman cobrarán 150 €/semana pola súa asistencia.(Recordar que a alcaldesa, ao cobrar dedicación, non cobra por asistencia aos órganos de goberno)

Cando lle tocou o turno ao representante do PP comezou manifestando que Esto xa é a guinda do pastel. Esto parécenos xogar cos cartos dos veciños e veciñas. Agora crean un novo chiringuito para ter contentos aos concelleiros do grupo de goberno. Isto, seguiu manifestando Toni, que isto non é máis que un peaxe que os veciños e veciñas teñen que costear, para que non se rompa o grupo de goberno.

Nos non vamos a ser partícipes nin oíntes sequera deste trato económico ao noso concello, e nese momento levantáronse e abandonaron a sesión plenaria.