O grupo FEITIZO pechou o cumpreano do Bandos

Bandos5
O grupo FEITIZO pechou o cumpreano do Bandos

O grupo FEITIZO pechou o cumpreano do Bandos

Como era de esperar , e estaba programado, ás primeiras horas da mañá de onte sábado o Café B´andos recibía ós primeiros clientes asiduos que , tal e como xa se había anunciado o almorzo lle custaría tan solo 0,50 €, posto que os doces ían por conta da casa.

O mostrador, e algún sitio máis do local era un escaparate de docería a cada cal máis apetitosa.

Tamén o café aparte do custe, tiña a característica que se trataba dun especial, que os clientes degustaron e parece ser, que aínda que non era o de costume, ninguén protestou.

TARDE DE CERVEXAS E NOITE DE RON

Bandos6A tarde era o momento da cervexa a prezo especial, e sobre o mostrador, seguían aparecendo exquisiteces, que os que se achegaron, non puideron acabalas, posto que chegada a noite, aínda había posibilidade de degustación de balde.

Con tan solo media hora de atraso , comezou a actuación do dúo FEITIZO da localidade limítrofe de Allariz, que , comezando a súa actuación cunha versión dun tema actual, para xa na segunda retroceder ata os anos 60 e a partir de aí facer un percorrido por afamadas baladas que fixeron que o público abundante, que xa neste caso estaba a degustar os combinados a partir do ron LEGENDARIO, que para a ocasión desprazou ata Xinzo unha azafata que se dedicou a repartir agasallos o longo de toda a noite, para todos os clientes, que outra vez con prezo rebaixado, degustaban un combinado cuxa base fora o ron.

Rematou a festa ven entrada a madrugada, esperando tódolos clientes que en vez de ter que esperar 365 días para a seguinte celebración, haber si hai posibilidade que as celebracións como esta se fagan cada 6 meses.