No pleno celebrado onte, nos votamos a favor da maioría das propostas do grupo de goberno agás ao enésimo expedente de modificación de créditos que levan nesta lexislatura, no que nos abstivemos. Eles cando eran oposición non o facían, porque dicían que era unha mala planificación pola nosa banda.
Pero o que si non di no resumo enviado a prensa sobre o pleno, é que todo o grupo de goberno votou en contra dunha moción do noso grupo, na que se instaba ao goberno central que fixera caso a Xunta para poder cubrir plazas vacantes de médicos en Xinzo.

Todo por defender a postura do Goberno Central que se opón a solicitude da Xunta.
Moción presentada: Apoiar a decisión da Xunta de Galicia, dada a negativa do Goberno central a tomar outras medidas para aumentar o número de médicos de familia, da creación dunha nova categoría de facultativo especialista en atención primaria e da regulación do seu acceso a través dun concurso de méritos para incentivar que se cubran as prazas de difícil cobertura, e solicitar que entre as ofertadas se inclúan prazas vacantes do centro de saúde de Xinzo de Limia.
Como se pode ver na moción presentada, Elvira e os seus defenden intereses de Madrid e non de Xinzo, pero diso non se fala nada nos resumes enviados a prensa.
Desta maneira se “despacha” Antonio Fernandez, portavoz do PP 24 horas despois da celebración da sesión plenaria.