O grupo de goberno de Xinzo resposta a nota do Partido Popular

Grupo de goberno Xinzo
O grupo de goberno de Xinzo resposta a nota do Partido Popular

Agradécese o interese amosado hoxe pola oposición, aínda que chegue un mes despois de que se producise a avaría e xusto no día en que foi reparada en parte.

Fai un mes que unha avaría inutilizou as dúas caldeiras da calefacción da Casa Consistorial de Xinzo, tal e como é coñecido por parte dos e das traballadoras municipais desde entón.

Debido aos problemas de subministración das pezas necesarias para a subsanación da avaría, esta non puido ser reparada ata hoxe mesmo, cando empezou a funcionar unha das caldeiras e polo tanto o sistema de calefacción.

A activación da segunda caldeira segue pendente da recepción da peza avariada, que esperamos recibir nos próximos días.

Desde o goberno local agradécese o interese amosado hoxe pola oposición, aínda que chegue un mes despois de que se producise a avaría e xusto no día en que foi reparada en parte.

En paralelo, reiteramos as nosas desculpas aos traballadores e traballadoras, por non poder reparala antes, si ben saben que desde o goberno e desde os diferentes servicios municipais implicados se ten feito neste tempo todo o posible.