O grupo municipal do PP, solicítalle a alcaldesa unha reunión urxente de portavoces

Grupo popular
O grupo municipal do PP, solicítalle a alcaldesa unha reunión urxente de portavoces

Para instar ao goberno Central a apertura urxente da fronteira de Baltar-Montalegre

P8281327

O Grupo Municipal Popular solicitamos a Alcaldía unha xuntanza de voceir@s urxente para instar á Subdelegación do Goberno en Ourense e ao Goberno de España que faga as negociacións necesarias, para que as fronteiras dos municipios lindeiros ao noso Concello sexan aperturadas o antes posible polo ben da nosa xente que ten traballo ou negocios nas zonas de Portugal cercanas a nós e viceversa.

Grupo popular

Vendo que unha semana máis a parálise municipal é acuciante, onde non se convoca nin se celebra o pleno ordinario do 4 de xuño, que non se levan

adiante as solicitudes de plenos extraordinarios feitas pola oposición ou mesmo pola Asociación Limisi, para aprobar mocións e medidas en apoio á nosa veciñanza. Co cal, solicitamos unha Xunta de Voceir@s urxente, que é de momento o que dende Alcaldía, aínda que tarde e mal, se convocou neste tempo.

Veciñas e veciños do noso Concello necesitan que se empece xa a tomar medidas e a instar ás institucións para axudar na volta á “nova normalidade”. Necesitan ver fotos como a do venres onde tod@s xunt@s remamos polo ben común da nosa xente, sen importar a que institución instar nin cor político.