O Grupo Municipal Popular vai presentar unha moción na que insta ao Concello que acondicione de verdade o aparcamento subterráneo

image
O Grupo Municipal Popular vai presentar unha moción na que insta ao Concello que acondicione de verdade o aparcamento subterráneo
Critica a situación do novo aparcamento, tendo agora dous, impracticables

Dende o Grupo Municipal fai tempo criticamos o abandono no que está o párking municipal subterráneo. Falta de luz e de limpeza fan un hábitat perfecto para os seus moradores, ratas e gatos é o que podemos atopar entre penumbra e lixo.

O Grupo de Goberno preferiu investir nun aparcamento exterior con menos prazas que facer operativo o que xa tiña cuberto.

IMG-20201215-WA0016Agora atopámonos con dous aparcamentos abandonados e os cartos gastados. En dous meses de operatividade o párking exterior xa está cheo de fochancas e coa continuidade do inverno transformarase nun lodazal.

Unha vez máis, prevaleceu a foto e o titular, sen control nin sentido nas inversións. Temos accesos á vila que son impracticables, escasas axudas pola crise da Covid, copiando o que outros fan, sen ningunha iniciativa propia que nos distinga dos demais, ...; pero a foto e o titular nunca faltan. Goberno mediático de copia-pega, pero escasa xestión.

O Grupo Municipal Popular vai presentar unha moción na que insta ao Concello que acondicione de verdade o aparcamento subterráneo e o exterior e ademais no exterior que reserve unha zona de xogos deportivos para as crianzas, onde poden montar o campito de fútbol 3x3 e un xogo canastras, que o anterior grupo de goberno mercou e están gardados no almacén municipal.