O Grupo Municipal Socialista presentou unha moción para solicitarlle á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

Elvira Lama 3
O Grupo Municipal Socialista presentou unha moción para solicitarlle á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

EElvira Lama advirte que \“a nova modificación da Lei do Solo que pretende o goberno de Feijoo prohibirá a ampliación e polo tanto tamén a modernización das eexplotacións agrarias rurais

O Grupo Municipal Socialista presentou unha moción para solicitarlle á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a modificación da disposición transitoria cuarta da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia que prevé a prohibición da ampliación das explotación agrarias rurais.

Elvira Lama, voceira de Grupo Municipal Socialista, advirte que \“a nova modificación da Lei do Solo que pretende o Goberno de Feijoo prohibirá a ampliación, e polo tanto, tamén a modernización das explotacións agrarias rurais\”.

Fixo estas declaracións logo de que o seu Grupo Municipal presentase unha moción instando a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a modificar a disposición transitoria cuarta da Lei do Solo que pretende prohibir a ampliación das explotación agrarias rurais.

Neste senso, Lama advirte de que \“é un despropósito para Limia dadas as especiais características socioeconómicas e morfolóxicas do noso concello, con explotacións agropecuarias moi vinculadas ós núcleos rurais e mesmo incluídas neles\”.

\“Na súa redacción actual prohíbense as ampliacións das explotacións existentes nos núcleos rurais, limitando as mesmas ó solo rústico\”, lembrou Lama que tamén apuntou que \“esta diferenciación parece penalizar ós municipios que teñen un importante número de explotacións en este tipo de solo, as cales con esta nova lei non se poderán modernizar nin ampliar\”.

Lama ademais sinalou que esa disposición \“evidencia moitas lagoas na súa redacción, en canto ás explotacións que, polo seu tamaño, estean edificadas parte en núcleo rural e parte en solo rústico\”

Lama denunciou que \“ ao PP non parece preocuparlle moito a economía motor do noso concello, xa que non teñen ningún problema en poñerlle máis trabas burocráticas a unha actividade e a un sector que xa de por si non atravesa polo seu mellor momento\”.

A voceira socialista destacou que \“limita o volume das posibles ampliacións a un máximo do 50% do volume orixinario da edificación nas explotacións situadas en solo rústico, e que non cumpren os parámetros recollidos no artigo 39 da lei. Sen entrar a valorar que non se define en ningures que se debe considerar \“volume orixinario\”, o que supón unha enorme limitación á hora de acometer unha ampliación. E matizou que \“pola experiencia que temos nos concellos rurais galegos, a maior parte das explotacións, cando solicitan unha licenza de ampliación, superan ese 50%\”.