O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DE RAIRIZ ACUSA A AMBROSIO DE MENTIR NO PAGO DAS FACTURAS DE ELECTRICIDADE DA RESIDENDENCIA DE ANCIANS

rESIDENCIA rAIRIZ DE vEIGA
O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DE RAIRIZ ACUSA A AMBROSIO DE MENTIR NO PAGO DAS FACTURAS DE ELECTRICIDADE DA RESIDENDENCIA DE ANCIANS

Pablo Lorenzo afirma que o concello deuxou de pagar a electricidade da residencia de anciáns a partir do momento en que o PSOE denunciou a situación

O portavoz socialista de Rairiz de Veiga denuncia que Ambrosio pagou as facturas de electricidade da residencia de anciáns ata que o PSdeG-PSOE denunciou esta situación a pesar de que Ambrosio aseguraba que dende o momento de adxudicación, as arcas municipais non pagaran un céntimo máis de electricidade dese centro, que era como tiña que ser.

O portavoz socialista solicitou documentación ao concello para verificar que o que dicía o alcalde era certo resultando que a residencia empezou a pagar facturas de electricidade correspondentes ao ano 2014 en concreto dende 8 de outubro de 2014 ata o 12 de decembro de 2014 o 9 de outubro de 2015 , quedando aínda pendentes as do ano 2015.

Continua Pablo denunciando que o alcalde do P.P. favorece intereses privados como o demostra a documentación remitida polo concello que acredita que a residencia empezou a pagar a partir do momento da denuncia.

Lembra Pablo que en numerosos puntos de Rairiz se seguen apagando a luces coa escusa do aforro que non estaría mal si estas supostas medidas de aforro non afectasen so aos veciños e non a empresas privadas.