O Grupo Parlamentario Popular do Parlamento de Galicia visitara a vila de Xinzo de Limia.
A visita encádrase dentro das actividades que os membros do Grupo Popular veñen facendo para coñecer de primeira man eventos que se fan en distintos lugares, pobos e cidades de toda Galicia. Nesta ocasión, os deputados do PPdeG no Parlamento galego traerán a Xinzo de Limina a habitual reunión que celebran todos os luns do ano para preparar a actividade parlamentaria da semana.
Aproveitando esta reunión en Xinzo, e tras a celebración da mesma, os deputados populares visitaran o Museo Galego do Entroido e o Museo “Os mundos de Carlos Casares”, onde recibiran unha explicación das coleccións expositivas que albergan estas instalacións.
Para recibir aos deputados e deputadas e acompañalos durante esta xornada, actuará como anfitrión Antonio Fernández Veiga, portavoz do Grupo Municipal Popular, a quen Pedro Puy Fraga, portavoz do Grupo Parlamentario, quere transmitir e agradecer de antemán a súa dispoñibilidade, e tamén a través da súa persoa saudar a todos os militantes e simpatizantes do Partido Popular de Xinzo de Limia.