O Grupo Popular Municipal anunciou esta semana as dúas mocións que propón para o próximo pleno do Concello.

302
O Grupo Popular Municipal anunciou esta semana as dúas mocións que propón para o próximo pleno do Concello.

A primeira e de apoio incondicional ás peticións de LIMISI

A primeira reside en Instar á Xunta de Galicia á modificación do artigo 8.4 que limita a contratación de máis persoal e, do mesmo xeito, se revisen os criterios de valoración específicos que establece o artigo 17 no seu apartado b, coa finalidade de que as entidades do rural cun ámbito de actuación comarcal, poidan acceder ás axudas da Administración Autonómica. Isto débese a que LIMISI, como entidade para a promoción e integración das persoas con diversidade funcional da Limia,ven prestando un servizo completo de calidade, a ese colectivo en risco de exclusión socia,l en forma de atención a educación, rehabilitación, formación, ocupación e emprego. O motivo da moción é que as bases reguladoras para a concesión de subvencións, destinadas a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de Garantía Xuvenil, a traverso do Programa de Cooperación coas entidades sen ánimo de lucro para o presente ano, ríxense polas bases da orde aprobada o 2 de maio de 2018. Nembargantes consideramos que a devandita convocatoria discrimina ás entidades de ámbito rural, ao seren menos puntuadas polo seu territorio de actuación e deixándoas sen a posibilidade de obteren axudas autonómicas.

CESIÓN DE ESTRADAS A DEPUTACIÓN PROVINCIAL, PARA UN MELLOR SERVICIO NAS MESMAS

A segunda pasa por a proposta de cesión de titularidade municipal a Deputación provicial de Ourense das estradas que dende A Lomba comunica os pobos de Mosteiro de Ribeira, A Gorgoloza, Cima de Ribeira e Soutelo de Ribeira cunha lonxitude de 5 km, dende a estrada Ou 301 ata estrada Ou 1112 e o vial que vai dende O Cabreiro a Gudín, cunha lonxitude de 2,5 km dende a estrada Ou 1107 P.K 8.2 a estrada Ou 1108 P.K 7, xa que presentan grandes deficiencias na capa de rodadura e na sinalización vertical e horizontal. O motivo da moción básase en que o Concello de Xinzo, con medios propios, realiza traballos de conservación nos viais municipais con bacheos, rego asfáltico, limpeza de cunetas e desbroces, así como o mantemento da sinalización vertical dun xeito periódico, pero nos últimos tempos e debido ao incremento de tránsito de vehículos pesados este

mantemento require unha maquinaria da que o Concello carece.