O Grupo Popular non volverá a asistir a comisión Covid-19

Comisión covid
O Grupo Popular non volverá a asistir a comisión Covid-19
Solicita, que non se lles volva aconvocar, mentres non cambie a actitude do grupo de goberno

Hoxe o Voceiro do Grupo Municipal Popular D. Antonio Fernández Veiga non asistirá á Comisión Municipal Covid 19 á que foi convocado oficialmente na tarde de onte.

Por medio dun escrito rexistrado esta mañá motívase a non asistencia do Voceiro Popular nos seguintes termos:

  1. Na cortina de fume que o Grupo de Goberno converteu esta comisión simplemente para buscar titulares e fotos de prensa.
  2. Polo interese que houbo dende o primeiro momento que non se comentase aos medios o que se debatía nesta Comisión para poder sacar a nota de prensa que máis lle interesase ao Grupo de Goberno, apropiándose das ideas propostas polonoso Voceiro.
  3. Sacar notas de prensa falseadas, non correspondendo co verdadeiro debate nin o que aparece nas actas de cada sesión.
  4. Por negar o debate de temas importantes aportados polo Grupo Municipal Popular, aducindo que non era o momento nin o lugar e despois aparecía nos titulares como a decisión estrela do Grupo de Goberno.

Por todo isto e pola falla de lealdade que a Alcaldesa tivo co principal partido da oposición, o partido que estivo aí dende o primeiro instante, aportando ideas e solucións, arrimando o ombro e dando prioridade as necesidades e problemas da nosa veciñanza ante calquera institución; Solicitamos:

  1. Non se convoque máis ao representante do Grupo Municipal Popular para a Comisión Municipal Covid 19.
  2. No posible se teñan en conta todas as solicitudes que temos presentado por escrito vinculadas a crise sanitaria, económica e social que estamos a padecer. A partir de hoxe será a vía pola que faremos as nosas propostas, con luz e taquígrafos, sen as mentiras oficiais do departamento de Comunicación do Concello.
  3. Referente ás novas medidas restritivas adoptadas pola Xunta de Galicia para frear a vaga de positivos no nosoConcello, esperamos que o Grupo de Goberno non acorde máis restricións, ao ser as autonómicas suficientes, e focalicen o seu tempo e traballo nas axudas económicas tantas veces solicitadas polo Grupo Municipal Popular.